Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.661

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de marzo de 1996 pola que se nomea o presidente do Consello Regulador da denominación de producto galego de calidade Mexillón de Galicia.

De conformidade co artigo 24.1º a) do Regulamento da denominación producto galego de calidade Mexillón de Galicia, aprobado pola Orde do 24 de novembro de 1994, logo de celebradas as eleccións ó Consello Regulador da denominación o día 10 de febreiro de 1996, e trala proposta unánime do propio Consello Regulador, constituído na xuntanza celebrada para ós efectos o 15 de febreiro de 1996, debe procederse á designación do presidente do citado consello.

En consecuencia, e en virtude das facultades que teño conferidas decordo coa disposición derradeira primeira do Decreto 421/1993, do 17 de decembro, polo que se regula a denominación de producto galego de calidade para o sector da pesca, o marisqueo e a acuicultura,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase presidente do Consello Regulador da denominación producto galego de calidade Mexillón de Galicia a Olimpio Castelo González.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

1460