Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.656

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ELECCIÓN de conselleiros xerais en representación dos impositores.

No desenvolvemento do proceso electoral para a renovación do 50% dos conselleiros xerais desta entidade e en cumprimento do que establecen os seus estatutos xerais e regulamento de designacións, o día 27 do presente mes de marzo, ás 12 horas e no auditorio desta entidade (Avda. Augusto García Sánchez, edificio social), procederase a efectuar, por circunscricións electorais, o sorteo público, ante notario, das contas de impositores que reúnen as condicións necesarias para ostenta-la condición de compromisarios que, posteriormente elixirán os conselleiros xerais en representación dos impositores.

Pontevedra, 15 de marzo de 1996.

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.