Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 9 de febreiro de 1996, acordou aproba-lo expediente de expropiación forzosa de terreos necesarios para a execución do proxecto de urbanización da rúa Monte Medulio.

En cumprimento do disposto no artigo 219 do R.D. lexislativo 1/1992 e 202 do R.D. 3288/1978, o concello expón ó público o referido expediente para que no prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no BOP, DOG e BOE quen poida resultar interesado formule as alegacións e reclamacións que estime convenientes, en particular as referentes á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Únese relación de bens que se van expropiar:

PredioNomeM

1Nemesio Pereira Vázquez4,00
2Manuel Suárez Martínez14,00
3Orentino González Pérez28,80
4Manuel Suárez Martínez33,20
5Marcelino Fernández Álvarez44,80
6Amado López Ferreiro e outro13,20
7Manuel Suárez Martínez413,60
8Inversiones Inmobiliarias Orensanas, S.L.234,00
9Abel Villanueva Iglesias26,80
11Manuel Rodríguez Fernández87,20
12José Luis Rodríguez Varela100,00
13Emilio González López71,60

Ourense, 14 de febreiro de 1996.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

2123