Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/165-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pontoibo.

Situación: As Pontes.

Descipcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con concudtor LA-56, de 1.122 m de lonxitude, con orixe na liña Ribeira-Freixo (expediente 32140) e remate en C.T. Covelos.

Liña derivada da anterior e mesmas características, sobre apoios formigón, de 39 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 1 e remate en C.T. Pontoibo.

Centros de transformación aéreos, de 100 kVA/u e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con redes de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor R.Z., en Covelos e Pontoibo, de 1.800 m de lonxitude. As Pontes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1704