Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/161-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Lamas-Pereira.

Situación: Capela.

Descipcións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1761 m de lonxitude, en LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Lamas e remata no C.T. que se vai construír no lugar de Pereiras, C.T. de 50 kVA e a R.B.T. de Lamas e Pereiras. Concello de Capela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1707