Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.626

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos e excluídos no concurso 1/1995 convocado pola Orde do 14 de decembro de 1995.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 14 de decembro de 1995 (DOG nº 240, do 18 de decembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 1/1995.

Ámbalas relacións están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais e na Dirección Xeral da Función Pública.

Os solicitantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para formularen, se é o caso, as alegacións pertinentes.

Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non reparen os defectos que motivan a exclusión serán definitivamente excluídos.

Así mesmo, os solicitantes que non figuran na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

96-1957