Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 222/1996, interposto por Sara Rozas Gaudeoso, contra resolución da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, de data 7-12-1995.

Ponse en xeral coñecemento que, con esta data, se lle remite ó presidente da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por esta en relación co recurso contencioso-administrativo nº 222/1996, interposto por Sara Rozas Gaudeoso, contra resolución da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, con data 7-12-1995, sobre adscrición funcional do profesorado do colexio público de Xuño-Porto do Son, co fin de que poidan comparecer diante do dito tribunal, no prazo de nove días, cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei regu

ladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1729