Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

BASES para o concurso dunha praza de cabo da policía municipal por promoción interna.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é a provisión, polo procedemento de concurso por promoción interna, dunha praza de cabo desta corporación, encadrada na escala de Administración especial, subescala de policía local, cos haberes básicos correspondentes

ó grupo D e demais retribucións complementarias outorgadas pola corporación e con idade de xubilación ós sesenta e cinco anos. O tribunal responsable da selección non poderá aprobar un número superior de aspirantes ó da praza convocada.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

De conformidade co disposto no artigo 25.5º da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, poderán concorre-los funcionarios de emprego inmediatamente inferiores e que prestasen dous anos de servicio no posto de garda neste concello.

Terceira.-Instancias.

As instancias nas que se solicite participar no concurso, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen as condicións esixidas na base segunda, virán acompañadas dos xustificantes dos méritos alegados e especificados na base sétima, e dirixiranse ó alcalde-presidente da corporación e presentaranse no rexistro xeral de entrada deste concello os días laborables de 9 a 14 horas no prazo de vinte días naturais, contados a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarta.-Admisión.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no prazo máximo dun mes pola que declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello, na que se indicará apelidos, nome e número do DNI, e indicando as causas de exclusión e concedendo un prazo de dez días para reparación e mellora da solicitude, a teor do establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará composto da seguinte maneira:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente a proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre profesionais da policía local de Galicia.

Un funcionario de carreira designado pola presidente da corporación.

Un representante dos sindicatos máis representativos neste concello.

-Secretario: o da corporación ou persoa en quen delegue ou que o substitúa.

As persoas nas que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 28.2º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, absteranse de formar parte do tribunal e comunicaranllo á alcaldía. Poderán ser obxecto de recusación polos interesados en calquera momento do procedemento selectivo ó amparo da mencionada lei. Seralle de aplicación ó tribunal cualificador o disposto para os órganos colexiados no capítulo 11, do título 11, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As indemnizacións por asistencia como membro do tribunal efectuaranse conforme a normativa vixente e a contía que se percibirá será en relación coa categoría cuarta.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento do concurso.

A resolución do concurso non poderá exceder dun mes desde a súa publicación no BOP. Cunha antelación de polo menos quince días publicaranse no BOP e mais no taboleiro de edictos da casa do concello a relación definitiva de aspirantes, a composición do tribunal e o lugar, día e hora en que se procederá a efectua-la cualificación dos méritos.

Sétima.-Méritos que se valorarán.

A) Titulacións.

-Título de bacharelato superior ou equivalente: 1 punto.

-Título de diplomado: 2 puntos.

-Título de licenciado: 3 puntos.

Só se valorará, se se presentaron varios, o maior dos achegados.

B) Servicios prestados

Na propia corporación: 0,25 puntos por ano.

-Noutra administración: 0,20 puntos por ano.

C) Cursos.

-Cursos de formación básica impartidos pola Academia Galega de Seguridade ou outros organismos: 3 puntos por curso

-Cursos de especialidade impartidos pola Academia Galega de Seguridade: 1 punto por curso.

-Cursos de especialidade impartidos por outros organismos: 1 punto por curso.

-Xornadas profesionais: 0,5 puntos por xornada.

-Cursos que, sen seren estrictamente profesionais, teñan relación coa profesión (200 horas): 1 punto por curso.

-Cursos que, sen seren estrictamente profesionais, teñan relación coa profesión (menos de 200 horas): 0,20 puntos por curso.

D) Valoracións discrecionais.

-Distincións, mencións ou condecoracións: 1 punto/unidade.

-Informe favorable da alcaldía: 0,75 puntos

Oitava.-Cualificación de méritos.

O tribunal cualificará os concursantes en función dos méritos alegados e xustificados por eles e formará puntuación en función das puntuacións totais obtidas por cada concursante. Os méritos non xustificados non serán valorados. O resultado farase público o mesmo día en que se acorde e será exposto no taboleiro de edictos da casa do concello.

Novena.-Nomeamento e toma de posesión.

O alcalde, de acordo coa proposta, procederá a nomear funcionario en prácticas o concursante aprobado, o cal deberá tomar posesión con tal carácter no prazo de trinta días contados a partir do seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no Real decreto 707/1909, do 5 de abril. O concursante que sea nomeado funcionario en prácticas deberá seguir un curso de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade. O concursante que non supere o curso de formación poderá incorporarse ó inmediato posterior e de non superalo non poderá ser nomeado cabo da policía local.

Décima.-Incidencias.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso en todo o non previsto nestas bases.

Undécima.-Impugnación.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duodécima.-Dereito supletorio.

No non previsto nestas bases ou naquilo que as contradiga serán de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986; a Lei 30/1984, do 2 de agosto; a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais, e o Decreto 121/1995, do 20 de abril, polo que se aproban criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros das policías locais (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 26 de marzo de 1992 e nº 89, do 10 de maio de 1995).

As bases que anteceden foron aprobadas polo Pleno na sesión do día 5 de febreiro de 1996.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

1496