Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1996 pola que se anuncia a concurso público, procedemento aberto, as obras de reparación e reforma da Casa da Galería para edificio de servicios culturais no campus de Elviña (expediente número 3004/1996).

Convócase a concurso público, polo trámite de urxencia, as obras de reparación e reforma da Casa da Galería para edificio de servicios culturais no campus de Elviña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita na r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: vinteún millóns catrocentas oitenta e seis mil trinta e catro pesetas (21.486.034).

Garantía provisional: catrocentas vintenove mil setecentas vinteunha (429.721).

Clasificación: grupo C; subgrupos: todos; categoría C.

Prazo de execución: 3 meses.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

1981