Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso de proxectos con intervención de xurado, para redacción do proxecto de ampliación do aparcamento do campus da Zapateira (expediente número 3009/1996).

Convócase polo trámite de urxencia, concurso de proxectos con intervención de xurado para a redacción do proxecto de ampliación do aparcamento do campus da Zapateira.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de redacción de proxectos de obras por concurso pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita na r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Orzamento de contratación: tres millóns catrocentas mil pesetas (3.400.000).

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: 1 mes.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

1980