Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/178-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e R.B.T. de Raño-Meiquiz e Leiro.

Situación: T.M. de Rianxo.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 6 m de lonxitude, con orixe na liña Rianxo-Leiro (expediente número 50779) e final no C.T. que se vai instalar en Raño. Centro de transformación aéreo de 100 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 2.790 m de lonxitude discorrendo polos lugares de Raño, Meiquiz e Leiro. T.M. de Rianxo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de febreiro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9601712