Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: modificado 1 ó proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. Zas-Gonte.
Situación: Negreira.
Descricións técnicas: modificado o proxecto nomeado L.M.T., C.T. e R.B.T. en Zas (Negreira) consistente en:
-Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 952 m de lonxitude, que parte da liña Ameixeiras-Negreira-Ponte Insua (expediente número 51502) e final no C.T. de Zas.
-Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Zas, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón conductor R.Z. de 2.951 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Zas, Gonte e Gándara. Negreira.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 8 de febreiro de 1996.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9601711