Con data do 29 de febreiro de 1996 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da obra: acondicio
namento da estrada PO-404 e PO-400, treito: Rañada-Salvaterra de Miño, clave: N/PO/89.16.2.
Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.
A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2º do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración a súa especial incidencia na seguridade vial e a continuidade de actuacións feitas no itinerario.
En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo único.
Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de trazado da obra: acondicionamento da estrada PO-404 e PO-400, treito: Rañada-Salvaterra de Miño, clave: N/PO/89.16.2.
Santiago de Compostela, sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
9601951