Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concerto de asistencia sanitaria que se cita.

O director xeral de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de

contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 10.2º do Decreto 199/1994, do 16 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 123), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de servicios sanitarios ós beneficiarios da Seguridade Social da comarca de Monterrei.

Orzamento: 1.165.817.852 ptas.

Adxudicatario: Fundación Hospital Verín.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1573