Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador C-16/1995.

Intentada a notificación directa ó titular da máquina, Francisco Raña Castro, da proposta de resolución formulada polo instructor no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolveu, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

«Que o Consello da Xunta de Galicia, logo da proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, acorde:

Sancionar a Francisco Raña Castro, con multa de un millón mil pesetas (1.001.000 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 «d» e «g» da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da mesma lei, por ter instalada e en explotación unha máquina recretativa tipo «B» no establecemento Bar Mar do Medio, do concello de Cariño (A Coruña) carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente.

Interpoñer como sanción accesoria a destrucción da respectiva máquina tipo «B» decomisada por carecer de toda documentación respectiva, esixida legalmente».

Contra a presente proposta de resolución poderán os interesados formular alegacións que consideren oportunas e presenta-los documentos e informacións que estimen pertinentes, no prazo de 15 días a partir do día seguinte á publicación desta proposta, perante o instructor do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 15 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

1338