Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996 pola que se fai pública a adxudicación dos expedientes números 660/1995, 665/1995 e 667/1995.

En cumprimento do establecido nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudica-los expedientes seguintes:

Expediente número: 660/1995.

Obxecto: control de calidade da obra de edificios para institutos de investigación.

Importe: 8.362.440 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Norcontrol.

Expediente número: 665/1995.

Obxecto: sistema informático que dea soporte á xestión documental do Centro de Orientación e Información o Estudiante (COIE), o Servicio de Investigación encargado da producción científica e o Arquivo Histórico.

Importe: 8.411.283 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Centrisa.

Expediente número: 667/1995.

Obxecto: instalación e substitución de unidades colectoras e esterilizadoras de hixiene feminina.

Importe: 5.559.300 pesetas, IVE incluído.

Adxudicatario: Rentokil, S.A.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

Manuel Castro Cotón

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

858