Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (213/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo nº 213/1995, seguidos neste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 00213/1995, promovidos polo Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e defendido polo letrado Angel Mª García Fernández, contra Pilar Sueiro García, declarada en rebeldía, sobre reclamación de 242.829 pesetas de principal, máis 200.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución, ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse á debedora, Pilar Sueiro García, e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 242.829 pesetas, importe do principal reclamado, máis 200.000 pesetas, calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, que pola rebeldía da demandada se notificará na forma que a lei prevén para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado. Leonor Castro Calvo. Maxistrada-xuíza.

E para que conste e lle sirva de notificación e requirimento á demandada Pilar Sueiro García, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o nove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1650