Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente para a delimitación do contorno da Quinta San Victorio, no concello de Bergondo, provincia da Coruña.

Por Resolución do 14 de maio de 1980 (Boletín Oficial del Estado do 27 de xuño de 1980) foi incoado expediente para a declaración como ben de interese cultural con categoría de monumento, a favor da Quinta San Victorio, no concello de Bergondo, provincia da Coruña.

Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro de 1995) é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno, para proceder á súa declaración.

En consecuencia e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno da Quinta San Victorio, concello de Bergondo, provincia da Coruña. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente de delimitación do contorno da Quinta San Victorio, concello de Bergondo, provincia da Coruña (Art. 11 da Lei 8/1995 do 30 de outubro de 1995).

Protexer estes monumentos e a zona afectada pola incoación, sendo a delimitación a seguinte:

«1.2. Partindo da estrada que desde o cruce da N-VI se dirixe a San Fiz de Vixoi, pista asfaltada á dereita que segue a dirección da muralla do pazo, ata uns 100 metros a liña perpendicular a ela desde a esquina da muralla.

2.3. Liña que seguindo a dirección da muralla posterior do pazo e a unha distancia desta duns 100 metros recolle os límites dos predios lindantes con ela.

3.4. Liña poligonal que atravesando a estrada que conduce a Pisón, coincide cos límites da delimitación do núcleo do planeamento en vigor.

4.5. Liña que coincidindo coa traza dunha das que conforma a delimitación do núcleo en vigor, é sensiblemente perpendicular á estrada que conduce á N-VI polo lugar de Raxas.

5.1. Tramo de estrada que une os dous ramais que conducen a N-VI.»

Segundo.-Segui-la tramitación dos expedientes seguindo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello da Coruña, provincia da Coruña, e comunicarlle que de acordo co artigo 35 da Lei 8/1995,

do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia «A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, debesen realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura.»

Cuarto.-Notificarlle a presente resolución ó propietario, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de 1 mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e Documental

1304