Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia para a realización do programa de turismo social para a terceira idade 1996.

Obxecto: contrato de asistencia para a realización do programa turismo social para a 3ª idade 1996.

Tipo de licitación: 52.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: 7 meses.

Garantía provisional: 1.040.000 ptas.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro

xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director Xeral de Servicios Sociais

1417