Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto da subministración consistente na adquisición de equipamento para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais no ano 1996.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración por concurso aberto consistente na realización da adquisición de equipamento para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais no ano 1996.

Presuposto de licitación: cincuenta e catro millóns oitocentas setenta e cinco mil pesetas (54.875.000 ptas.).

As ofertas presentaranse pola totalidade ou por lotes independentes.

Lote 1: 400 traxes ignífugos(camisa e pantalón) a 13.500 ptas./ud., IVE incluído: 5.400.000 ptas.

Lote 2: 2.000 monos algodón ignifugado a 6.000 ptas./ud., IVE incluído: 12.000.000 ptas.

Lote 3: 2.600 pares de botas coiro hidrofugado a 6.200 ptas./par., IVE incluído: 16.120.000 ptas.

Lote 4: 250 cascos de protección a 1.000 ptas./ud., IVE incluído: 250.000 ptas.

Lote 5: 3.000 pares de guantes de traballo a 1.000 ptas./par., IVE incluído: 3.000.000 ptas.

Lote 6: 1.100 mascarillas antifume a 1.850 ptas/.ud., IVE incluído: 2.035.000 ptas.

Lote 7: 1.000 batelumes a 2.600 ptas./ud., IVE incluído: 2.600.000 ptas.

Lote 8: 1.200 gafas de protección a 1.100 ptas./ud., IVE incluído: 1.320.000 ptas.

Lote 9: 500 cintos a 1.800 ptas./ud., IVE incluído: 900.000 ptas.

Lote 10: 15.000 m de mangueira, racorada en tramos de 20 m, a 15.000 ptas./tramos, IVE incluído: 11.250.000 ptas.

Total: 54.875.000 ptas.

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de entrega da subministración: un mes a partir da firma do contrato.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o

seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes o en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 29 de abril de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 3 de mayo de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de Marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

847