Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996 pola que se convoca un curso sobre dereito público galego para persoal de Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de dereito público galego, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Análise sistemática do bloque normativo de carácter autonómico que resulta aplicable no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto desde unha perspectiva teórica como práctica.

2. Destinatarios.

Preferentemente funcionarios de Administración local con habilitación nacional. No caso de haber prazas vacantes, poderán asistir tamén técnicos de Administración xeral das entidades locais con funcións de asesoramento xurídico pertencentes ós grupos A e B.

3. Solicitudes.

Aqueles que aspiren a participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes, xuntando, en todo caso, resgardo do ingreso segundo o establecido na base 5ª . Na solicitude faranse consta-los seguintes datos:

1) Descrición do posto de traballo actualmente desempeñado, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria.

2) Conformidade da entidade na que presta servicios.

A solicitude de incorporación ó curso supón a aceptación expresa das presentes bases e das normas e procedementos polos que se rexe.

4. Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ de Madrid 2-4, 15703 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Dereitos de inscrición.

Os dereitos de inscrición fíxanse en 50.000 ptas., cunha bonificación do 20% para os funcionarios de habilitación nacional.

O aboamento efectuarase mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP de Caixa Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520.

De non resultar seleccionado, o importe ingresado reintegraráselle ó interesado nos 10 días seguintes á data de comezo do curso.

6. Prazo de prensentación das solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 29 de marzo de 1996.

7. Número de prazas.

40.

8. Selección.

As solicitudes que reúnan os requisitos das bases 3 e 5 serán seleccionadas segundo os seguintes criterios, dando preferencia en calquera caso ós funcionarios con habilitación de carácter nacional sobre os técnicos de Administración xeral:

1. Ter realizado un menor número de cursos relacionados cos contidos temáticos do que se convoca nos últimos cinco anos.

2. Menor número de cursos realizados en escolas e institutos de Administración pública.

3. A antigüidade, entendendo como tal a data de ingreso en calquera Administración.

A admisión ó curso comunicaráselles directamente ós interesados a partir do día 25 de marzo.

9. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

10. Duración.

67 horas lectivas.

11. Lugar e datas de impartición.

a) Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas.

b) Datas: a partir do 11 de abril, tódolos luns e xoves laborables, en sesións de tarde, ata o 27 de xuño.

12. Horario.

De 17 a 20.30 horas.

13. Certificado.

Para obte-lo correspondente certificado de aptitude, os alumnos deberán resolve-los casos prácticos formulados polos profesores durante o curso e a presentar un traballo relacionado coas materias impartidas, conforme as instruccións impartidas polo director do curso ó seu comezo.

A expedición do certificado queda supeditada, ademais, á asistencia regular ás clases, de xeito que a inasistencia non poderá ser igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas.

14. Profesorado.

O profesorado do curso estará integrado por maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, catedráticos e profesores universitarios, e técnicos da Administración autonómica e local.

15. Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros BOE nº 311, do

29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as administracións públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outórgaselle unha puntuación de 1,60 puntos.

16. Contido.

O que se inclúe no programa que figura como anexo á convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Bloque I. Introducción.

Tema 1. O dereito galego como dereito estatutario.

Tema 2. Problemas da organización territorial autonómica: referencia á Administración única.

Tema 3. Institucións autonómicas galegas: a Xunta de Galicia, o Parlamento, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Valedor do Pobo, o Consello de Contas.

Tema 4. Estructura orgánica e funcional da Xunta de Galicia.

Bloque II. A articulación territorial de Galicia.

Tema 5. Normativa autonómica:

a) A provincia e os concellos.

b) Mancomunidades, comarcas e parroquias.

Tema 6. Os plans de desenvolvemento comarcal de Galicia.

Tema 7. Relacións interadministrativas: regulación normativa. Relacións CCAA-EELL.

Bloque III. Lexislación autonómica supletoria.

Tema 8. Normativa en materia de persoal: os funcionarios de habilitación nacional; as outras clases de persoal de Admón Local.

Tema 9. A Lei 4/1988, da función pública de Galicia e a súa aplicación á Administración local.

Bloque IV. Dereito financeiro e actividade de fomento.

Tema 10. Lexislación financeira e orzamentaria da Comunidade Autónoma.

Tema 11. Ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma.

Tema 12. Ordenación crediticia: caixas de aforro e banco de crédito local.

Tema 13. Actividade de fomento e subvención da Comunidade Autónoma : réxime xurídico e orzamentario.

Tema 14. Financiamento comunitario e entes locais. A intervención da Comunidade Autónoma.

Bloque V. Normativa medioambiental.

Tema 15. Competencias da Comunidade Autónoma galega en materia medioambiental.

Tema 16. Disciplina medioambiental: os estudios de impacto medioambiental. O RAMIN e a concesión de licencias.

Tema 17. Costas: lexislación e competencias administrativas.

Tema 18. A regulación das augas no dereito galego.

Tema 19. A planificación hidrolóxica en Galicia.

Tema 20. Concesións en temas de augas e formas de xestión.

Tema 21. Saneamento e eliminación de residuos.

Bloque VI. Sanidade, servicios sociais.

Tema 22. Ordenación sanitaria galega.

Tema 23. Competencias da Comunidade Autónoma en materia sanitaria.

Tema 24. Servicios sociais e asistencia social.

Bloque VII. Dereito urbanístico e vivenda.

Tema 25. Competencias autonómicas e locais en materia de urbanismo.

Tema 26. Normativa reguladora: a Lei do solo en Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.

Tema 27. Xurisprudencia do TSXG en materia de ordenación e disciplina urbanística.

Tema 28. O Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Tema 29. Axudas á construcción, rehabilitación de vivendas.

Bloque VIII. Educación, cultura e traballo.

Tema 30. Centros escolares e transporte escolar

Tema 31. Protección do patrimonio histórico artístico, especial referencia á protección do Camiño de Santiago.

Tema 32. A Comunidade Autónoma e o fomento do emprego.

Bloque IX. Agricultura, pesca, comercio e turismo.

Tema 33. O proceso da concentración parcelaria.

Tema 34. Os montes veciñais en man común.

Tema 35. A política forestal: especial referencia ó Plan Forestal de Galicia.

Tema 36. A ordenación pesqueira en Galicia.

Tema 37. Competencias da Comunidade Autónoma en materia de turismo. O turismo rural.

Tema 38. Comercio interior: feiras e mercados, horario comercial, etc.

Tema 39. Consumo: normativa, competencias, organizacións de consumidores e usuarios.

Tema 40. Actuacións en materia forestal.

Tema 41. A Lei de caza.

Bloque X. Normativa sectorial especial.

Tema 42. Policías locais.

Tema 43. O uso da lingua galega no ámbito das administracións públicas.

Tema 44. A Escola Galega de Administración Pública.

9601754