Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de febreiro de 1996 pola que se fai púbico o cadro de persoal de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o curso 1996-1997.

A base segunda da Orde do 10 de novembro de 1995 (DOG do 17) pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten o ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1995 e que se incluirán aquelas vacantes que se orixinen como consecuencia das xubilación forzosas que se produzan no curso 1995-1996, todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñen o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde os cadros de persoal de profesorado para o curso 1996-1997 en cada centro de bacharelato, de educación secundaria e profesional, de educación secundaria, de formación profesional, escola oficial de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Terceiro.-A publicación dos cadros de persoal e a adxudicación das vacantes no concurso de traslados non prexulgan a futura adscrición da profesorado das especialidades propias da formación profesional específica.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1571