Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.222

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

RESOLUCIÓN 1/1996, do 18 de xaneiro, da Dirección Xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, pola que se regulan os ficheiros de tratamento automatizado de datos de carácter persoal da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades (Radiotelevisión Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A.).

Conforme á Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal, que establece, na súa disposición adicional segunda que, dentro do ano seguinte á súa entrada en vigor, as administracións públicas responsables de ficheiros deste carácter xa existentes, deberán adoptar unha disposición reguladora destes cando carezan de regulación ou adapta-la que existe, e ás disposicións concordantes,

RESOLVO:

Primeiro.-Os ficheiros automatizados con datos de carácter persoal deste ente público e das súas sociedades (Radiotelevisión Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A.), existentes á entrada en vigor da Lei

orgánica 5/1992, do 29 de outubro, que se regulan por esta disposición, de conformidade co artigo 18 da devandita lei, son os que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Os responsables dos ficheiros automatizados de referencia adoptarán as medidas que resulten necesarias para asegurar que os datos automatizados de carácter persoal existentes se empregan para os fins para os que foron recollidos, que son os que se concretan nesta resolución.

Terceiro.-Os afectados dos devanditos ficheiros automatizados poden exercita-lo seu dereito de acceso, rectificación e cancelación de datos, cando proceda, perante o órgano que para cada ficheiro automatizado se concreta nesta resolución.

Cuarto.-No suposto de que se chegara a autorizar cesión dos ficheiros automatizados, os seus responsables advertiranlles expresamente ós cesionarios de datos de carácter persoal da súa obriga de dedicalos exclusivamente á finalidade para a que se ceden, de conformidade co artigo 11.5º, en relación co 4.2º, da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento dos datos de carácter persoal.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Francisco Campos Freire

Director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANEXO:

Número 1

1. Finalidade:

Xestión de persoal.

2. Uso:

Xestión de persoal.

Actividades relacionadas co cálculo de nóminas.

Datos de empregados.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Persoal laboral da CRTVG e as súas sociedades.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos nel:

Documento nacional de identidade; número de identificación fiscal; apelidos e nome; número de rexistro de persoal; número da Seguridade Social; enderezo; estado civil; data e lugar de nacemento; sexo; datos familiares; circunstancias sociais; nacionalidade; formación/titulacións; experiencia profesional; posto de traballo; datos non económicos da nómina; historial do traballador; retribucións; conta bancaria.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección do Departamento de Recursos Humanos da CRTVG e as súas sociedades.

8. Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

Número 2

1. Finalidade:

Control de presencia.

2. Uso:

Control de presencia no posto de traballo.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Traballadores da CRTVG e as súas sociedades.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado.

Recuperación por fichaxe con tarxeta magnética.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos nel:

Nome e apelidos; número de rexistro persoal; horario de traballo; posto de traballo.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección do Departamento de Recursos Humanos da CRTVG e as súas sociedades.

8. Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

Número 3

1. Finalidade:

Datos de provedores.

2. Uso:

Xestión de pagamento a provedores.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Provedores e acredores de TVG, S.A.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos no mesmo:

Número de identificación fiscal; código de identificación fiscal; teléfono; enderezo; nacionalidade;

posto de traballo; empresa á que pertence; contas bancarias para pagamento de facturas.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección Económico-Administrativa da CRTVG e as súas sociedades.

8. Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

Número 4

1. Finalidade:

Datos de provedores.

2. Uso:

Xestión de pagamento a provedores.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Provedores e acredores da CRTVG.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos nel:

Número de identificación fiscal; código de identificación fiscal; teléfono; enderezo; nacionalidade; posto de traballo; empresa á que pertence; contas bancarias para pagamento de facturas.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección Económico-Administrativa da CRTVG e as súas sociedades.

8. Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

Número 5

1. Finalidade:

Club de socios asimilado a programa de televisión.

2. Uso:

Adxudicación de premios; tratamento de información programa de televisión.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Espectadores do programa Xabarín Club de TVG, S.A.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado, ou o seu representante.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos nel:

Nome e apelidos; enderezo; teléfono; imaxe; data de nacemento; sexo; nome dos pais.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección do Departamento de Planificación e Explotación de TVG, S.A.

8.Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

Número 6

1. Finalidade:

Xestión de produccións; datos de convidados e colaboradores.

2. Uso:

Tratamento da información relacionada coa producción propia de TVG, S.A.; contactos con colaboradores e convidados e remisión de información a estes e asistentes a programas.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Colaboradores, convidados e asistentes a programas de TVG, S.A.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos no mesmo:

DNI/NIF; nome e apelidos; teléfono; número da Seguridade Social; enderezo; nacionalidade; traballo; creacións artísticas e literarias, científicas e técnicas.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección do Departamento de Planificación e Explotación de TVG, S.A.

8. Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

Número 7

1. Finalidade:

Comercial.

2. Uso:

Comunicacións comerciais; captación de clientes.

3. Persoas ou colectivo sobre os que se pretende obter datos ou resultar obrigados a subministralos:

Clientes potenciais.

4. Procedemento de recollida de datos:

Modelos e impresos normalizados cubertos polo propio interesado; fontes accesibles ó público; directorios telefónicos; catálogos comerciais.

5. Estructura básica do ficheiro automatizado e descrición dos datos contidos nel:

DNI/NIF; nome e apelidos; teléfono; enderezo; empresa á que representa.

6. Cesións de datos que se prevén:

Ningunha.

7. Responsable do ficheiro:

Dirección do Departamento de Comercial e Marketing da CRTVG e as súa sociedades.

8. Órgano perante o que se poden exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación:

Dirección Xeral da CRTVG.

9601818