Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.221

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes, pola que se procede á publicación da resolución sancionadora en materia de transportes que se cita (Expte. M-205710/95).

Por non ser posible practicar no domicilio do seu destinatario a notificación que se relaciona no anexo, procédese á súa publicación no Diario Oficial de

Galicia, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27).

Contra os ditos actos, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alegacións ante o conselleiro de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes no prazo de quince días contados a partir da presente publicación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 31 de xaneiro de 1996.

Jesús Mora de la Cruz

Secretario xeral técnico da Consellería de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes

ANEXO:

Denunciado: Garcotrans, S.L.

Último domicilio coñecido: República Arxentina, 21- oficina 1 36201 Vigo (Pontevedra).

Infracción: carecer de autorización de transportes.

Preceptos infrinxidos: Art. 140 a)-90 e 143 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31).

Art. 197a)-41 do RD 1211/1990, do 28 de setembro, do regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 8 de outubro).

Expediente: M-205710/95.

Sancionable por: 250.000 pesetas.

1309