Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do día 9 de febreiro de 1996, aprobou definitivamente a modificación puntual número 1 ó plan parcial do parque empresarial deste municipio, co texto literal seguinte:

«Aprobación definitiva da modificación puntual número 1 ó plano parcial do parque empresarial.-A presidencia ordena dar conta dos trámites seguidos para a aprobación da citada modificación puntual que xorde como necesaria despois de aprobar unha subdivisión en dous polígonos ou unidades de execución, e a petición deste concello de cambia-la situación da parcela de cesión con fachada directa á via de Monterrei e acceso interno desde o polígono o que orixina desprazamento das zonas verdes e o dotacional deportivo; modificación dunha vía secundaria; supresión de parcelas pequenas; posibilidade

de instalación sanitaria; estación terminal de transportes; reducción orzamentaria para o investimento polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, e modificación de altura en posibles edificios para actividades industriais e comerciais.

Isto deu lugar á alteración e supresión de determinados preceptos ou artigos da normativa do citado plan parcial, quedando modificados os artigos 66, equipamento comercial e social; artigo 67 sobre altura de edificacións; e artigo 69 zona terminal de transportes. Suprímese o artigo 68 zona comercial ó pasa-lo solo correspondente a ser clasificado como industrial-comercial que se regulamenta no artigo 67.

Redactado o proxecto de modificación, foi enviado á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para emisión de informe, o que tipo lugar en comunicación do día 16 de novembro de 1995. Introducidas as modificacións ordenadas, someteuse á aprobación inicial do Pleno desta Corporación que tivo lugar en sesión do día 4 de decembro pasado, con exposición ó público no DOG e diario La Región, sen que se presentasen reclamacións.

Enviado o expediente completo á mencionada consellería, emítese informe favorable para a súa aprobación definitiva, pero condicionado á corrección relativa ó uso sanitario, pois se prohíbe a hospitalización.

Comunicado así ós técnicos redactores da modificación, introduciron as correccións correspondentes nos folios 9 e 46 da memoria do expediente modificativo.

Polo tanto, e así o considera e o informa o secretario, quedaron cumpridos tódolos trámites previstos nos artigos 7 e 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño do Parlamento galego e que regulamenta o procedemento de aprobación do planeamento e pode ser sometido o expediente á aprobación definitiva deste concello.

O concelleiro Fernández Vázquez manifesta que votará en contra por non pagarlles a tódolos propietarios a expropiación dos terreos para o parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

A Corporación, despois de ampla deliberación e concorrendo os once membros que de feito e de dereito a compoñen, por maioría absoluta (votaron a favor tódolos membros da corporación agás o concelleiro Fernández Vázquez que votou en contra), acorda:

1.-Aproba-la modificación ordenada no informe da delegación provincial da consellería con data 26 de xaneiro de 1996, suprimindo, dentro do uso sanitario previsto, a posibilidade de hospitalización e polo tanto aproba-la alteración do texto que sobre isto conteñen os folios 9 e 46 da memoria.

2.-Aprobar definitivamente esta modificación puntual número 1 do proxecto de modificación ó plano parcial correspondente ó parque empresarial.

3.-Remításelle ó DOG anuncio para informar sobre esta aprobación definitiva; e ó BOP desta provincia o texto das normas do devandito plano parcial que foron modificadas ou suprimidas con trascrición do seu novo texto legal, conforme esixe o artigo 70 da Lei de bases de réxime local número 7/1994, do 30 de decembro.

4.-Comuníqueselle a aprobación definitiva á consellería citada enviándolle copia certificada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran a modificación do plano parcial aprobado, debidamente dilixenciados polo secretario».

Pereiro de Aguiar, 13 de febreiro de 1996.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde

1237