Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

CONCURSO, con procedemento aberto, para contratación de asistencia técnica.

Obxecto: contratación de asistencia técnica para a confección da cartografía do termo municipal de Culleredo.

Orzamento: 26.000.000 de ptas. (IVE engadido).

Prazo de execución: 6 meses.

Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última das publicacións do anuncio de licitación (BOP ou DOG), no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13 horas.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 1, categoría A.

Garantías: provisional 520.000 ptas.; definitiva 1.040.000 ptas.

Apertura de proposicións: terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do terceiro día natural seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, agás que fose sábado ou festivo, tendo lugar o acto, neste caso, o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora e lugar.

Gastos: serán por conta do adxudicatario o importe dos anuncios de licitación e tódolos gastos necesarios para a execución do contrato.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas pódense consultar nas dependencias municipais, facilitándoselles copias ós interesados.

Culleredo, 28 de febreiro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

1312