Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto das obras de reparación no Centro de Saúde de Xunqueira de Ambía (Ourense).

-Obra: reparacións no Centro de Saúde de Xunqueira de Ambia (Ourense).

-Orzamento de contrata: 9.888.269 ptas.

-Prazo de execución: 2 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Fianza definitiva: 395.531 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos.

Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica.

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación.

Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1996.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1812