Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1996, da dirección médica do hospital comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo (C.P. 1/1996).

A dirección médica do hospital comarcal de Monforte de Lemos en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca el siguiente concurso:

I. Obxecto e orzamento.-A contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo por un orzamento máximo de 6 millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

II. Forma de adxudicación.-Procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

III. Prazo de execución.-Inmediato a partir da data da notificación da adxudicación.

IV. Documentación de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas técnicas, e demsis documentación complementaria, poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte, teléfono (982) 41 79 18, fax (982) 40 40 06, en días laborables de 9 ata as 14 horas .

V. Fianzas.-A fianza provisional será do 2 % do orzamento e deberá constituírse segundo o disposto no artigo 36 da Ley 13/95 de 18 de maio de contratos das administracións públicas.

A fianza definitiva será do 4 % do orzamento, e deberá constituírse segundo o diposto no artigo 37 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VI. Clasificación.-Non se precisa.

VII. Presentación das proposicións.-As proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 40 40 06 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

VIII. Apertura das proposicións.-A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á dirección médica do hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

IX. Documentación que deberán aporta-los licitadores.-Deberán aporta-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios.-O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 27 de Febreiro de 1996.

Eleuterio López Louzao

Director Médico do hospital comarcal de Monforte de Lemos

1811