Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se lle dá publicidade á dictada polo titular desta consellería, que adxudica a contratación dun servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia.

Con data 4 de decembro de 1995, convocouse no Diario Oficial de Galicia, concurso público para a contratación dun servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, que tamén foi publicado no BOE e no DOCE.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación, consituída para tal efecto, o titular desta consellería,

RESOLVEU:

Adxudica-la contratación á empresa Unisys España, S.A., por importe de noventa e catro millóns trescentas mil (94.300.000) pesetas, IVE engadido.

O que se fai público para os efectos previstos na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

96-1806