Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se lle dá publicidade á dictada polo titular desta consellería, que adxudica a contratación dun servicio de apoio técnico-funcional á explotación do sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia.

Con data 14 de decembro de 1995, convocouse no Diario Oficial de Galicia, concurso público para a contratación dun servicio de apoio técnico-funcional á explotación do sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia, que tamén foi publicado no BOE e no DOCE.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da

mesa de contratación, consituída para tal efecto, o titular desta consellería,

RESOLVEU:

Adxudica-la contratación á empresa Altia Consultores, S.L., por importe de oitenta e oito millóns (88.000.000) de pesetas, IVE engadido.

O que se fai público para os efectos previstos na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

1432