Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

O Concello, en sesión plenaria celebrada o día 6 de febreiro de 1996, co quórum do artigo 47.3º.1, da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o II proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Vila de Cruces, nos termos en que foi aprobado inicialmente en sesión plenaria do 28 de setembro de 1995.

O que se fai público para xeral coñecemento a teor do preceptuado na Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Vila de Cruces, 7 de febreiro de 1996.

Xesús Otero Varela

Alcalde-Presidente

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273