Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 9 de febreiro de 1996, aprobou con carácter inicial o proxecto de urbanización do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, fase 1, promovido por Xestur Ourense, S.A.

O que se fai público para xeral coñecemento, e faise constar que durante o prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, pode examinarse o expediente na secretaría municipal e presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

O Pereniro de Aguiar, 14 de febreiro de 1996.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde

96-1106