Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.029

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 80/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, en materia de aistencia sanitaria encomendada ó Instituto Social da Mariña (ISM).

Na sesión plenaria celebrada o día 25 de xaneiro de 1996, da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, tomouse o acordo de lle traspasar a esta Comunidade Autónoma as funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria que o Instituto Social da Mariña (ISM) viña desempeñando no seu territorio.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir expresamente as ditas funcións e servicios, de acordo co marco narmativo vixente, e asignarlles esas funcións e servicios ós órganos correspondentes da Administración autónoma.

Por iso, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecientos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción de funcións e servicios traspasados.

Quedan asumidas as funcións e servicios, institucións, bens, dereitos e obrigas, así como o persoal e créditos orzamentarios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, relativos a Seguridade Social en materia sanitaria, que o Insituto Social da Mariña viña desempeñando no seu territorio, con base no acordo adoptado na sesión plenaria celebrado o día 25 de xaneiro de 1996, da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma, cos correspodentes anexos e relación.

Artigo 2º.-Adscrición e asignación de funcións e servicios.

1. Adscríbense á Conselleria de Sanidade e Servicios Socias as función, servicios e medios asumidos a que fai referencia o artigo anterior.

2. A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o organismos autónomo Servicio Galego de Saúde exercerá, no marco das súas respectivas competencias, as funcións e servicios que viña desempeñando o Instituto Social da Mariña (ISM) relativos á Seguridade Social en materia sanitaira, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, sen

prexuízo das competencias que lle correspondan á Consellería de Economía e Facenda, de acordo coas disposicións vixentes.

3. Os órganos do Servicio Galego de Saúde exercerán as retribucións e competencias que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenrolo e execución do presente decreto y para adopta-las medidas necesarias para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servicios traspasados.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá efectos na data prevista no Real decreto de traspaso de funcións e servicios.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1429