Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 25-1-1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización o primeiro tramo da primeira travesía á rúa da Estrada, promovido mediante iniciativa particular por B.B.T., S.L. e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado colexial de datas 13-12-1994, 2-3-1995 e 4-5-1995.

Segundo.-Comunicarlle á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o presente acto administrativo e dispoñe-la publicación do anuncio no BOP para efectos da súa executividade.

O que se fai público para a executividade del, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de llo comunicar ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

1082