Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A corporración municipal, en sesión extraordinaria celebrada con data 10 de xaneiro de 1996, prestou aprobación inicial o proxecto de modificación puntual do PXOU no contorno da unidade de actuación nº 13, concello de Fene. O dito expediente permanecerá exposto ó público por espacio de quince días hábiles para efectos de reclamacións.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 30 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

1239