Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 1996 Páx. 1.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción de Ourense.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción (código nº 3200155) de Ourense, (convenio publicado no BOP nº 125, do 3 de xuño de 1995, DOG nº 114, do 15 de xuño de 1995), con entrada nesta delegación provincial, subscrito o día 13 de

febreiro de 1996, e para dar cumprimento ó establecido no artigo 14 en relación co artigo 13 do referido texto legal, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósitos de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no libro rexistro desta delegación provincial, con notificación á comisión paritaria do convenio colectivo mencionado.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 21 de febreiro de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Asistentes:

Pola ACO:

Cesáreo Fenrnández Ríos

José Antonio Pérez Fernández

Polas centrais sindicais:

José Antonnio Fernández Iglesias (CIG)

Miguel Pazo Paramos (CIG)

Orencio González García (CIG)

Anxó Vázquez Penedo (CIG)

Anxo Pérez Carballo (CIG)

Emilio A. Relova Quinteiro (UGT)

Armando dos Santos Teixeira (UGT)

Constantino González Pérez (UGT)

Juan Miguel Muñoz Álvarez (UGT)

Rafael López de la Torre (CC.OO)

En Ourense, ás 17 horas do martes 13 de febreiro de 1996, reúnense nos locais da ACO os indicados á marxe, previamente convocados para o efecto, actuando como presidente Juan Miguel Muñoz Álvarez e como secretario Cesáreo Fernández Ríos, e adoptan por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Recoñecer como IPC oficial do ano 1995 o 4,3%.

Segundo.-Fixar, de conformidade co artigo 14 (cláusula de garantía salarial) en relación co artigo 13 (incrementos económicos) do convenio provincial da construcción do pasado ano 1995, para fixar a porcentaxe de revisión no 0,5%, diferencia entre o IPC oficial (4,3%) e o 3,8% pactado no mencionado artigo 14.

Terceiro.-Actualiza-la táboa salarial, aplicando o incremento do 0,5% (4% anual), aprobándoa. A dita táboa, que formará parte integrante da presente acta, consta recollida no anexo I.

Os atrasos de convenio serán aboados polas empresas coa nómica de marzo de 1996.

Cuarto.-Presentar na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia a presente acta e o seu anexo,

coas súas respectivas copias, e para o seu rexistro, depósito e publicación nosn boletíns e diarios oficiais.

E, non tendo máis asuntos que tratar, ás 18 horas, levántase a sesión, logo da aprobación, por unanimidade, de tódolos acordos e a propia redacción da acta, e unha vez asinada polos señores presidente e secretario.

Rubricado

Convenio Colectivo Provincial de Ourense de Construcción. Axuste salarial sobre o IPC (incremento 0,5%)

MensualPagas extrasAnualHoras

NivelCategoríasSoldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total mesXulloNadalVacaciónsextras

IITitulado superior94.52222.5121.055118.089112.566112.566112.5661.007
IIITitulado medio, xefe 1ª Admtvo.94.10422.0971.046117.247112.238112.238112.2381.007
IVXefe de personal, Axte. de obra, encargado xeral93.64621.6341.036116.316111.874111.874111.8741.007
VXefe Adtvo. de 2ª, delineante superior, xefe de compras, encargado taller93.22221.2201.028115.470111.545111.545111.5451.007
VIOficial de 1ª Adtvo., delineante de 1ª, encargado de obra92.76720.7591.019114.545111.184111.184111.1841.007
VIIOficial 2ª Adtvo., delineante de 2ª, práctico topografía de 2ª, capataz91.09619.087989111.172109.868109.868109.868958
VIIIAuxiliar Adtvo. ou técnico, oficial de 1ª de oficio89.83617.830964108.630108.907108.907108.907929
IXListeiro Axte. topografía, oficial de 2ª de oficio, conserxe88.54116.532944106.017107.858107.858107.858894
XVixilante, enfermeiro, almaceneiro, garda xurado, axudantes de oficios87.24615.237919103.402106.839106.839106.839844
XIPeóns especializados85.95313.942896100.791104.665104.665104.665811
XIIPeóns ordinarios84.61612.60687798.099103.616103.616103.616780
XIIITraballadores de 17 anos54.1054.91353159.54956.01956.01956.019
XIVTraballadores menores de 17 anos49.1462.97447152.59151.29351.29351.293

1721