Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Labranza.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Labranza, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación todas aquelas persoas físicas e xurídicas que se encontren en calquera das seguintes situacións:

a) Tódolos traballadores que integran o réxime especial agrario por conta propia ou allea.

b) Os titulares dunha explotación agrícola, gandeira ou forestal que os ingresos da unidade familiar proveñan da agricultura polo menos nun 5%.

c) As cooperativas e STAs, que empreguen traballadores de alta no réxime especial agrario e unha das súas funcións sexa a producción.

Asinan a acta de constitución: Gaspar Carrillo Ramos e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

1372