Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 15 de febreiro de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de limpeza en centros dependentes dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Cultura.

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación dos servicios de limpeza que se citan:

A) Obxecto do contrato: servicio de limpeza nas dependencias dos servicios centrais da Consellería de Cultura.

Orzamento de licitación: 3.218.643 pesetas (tres millóns duascentas dezaoito mil seiscentas corenta e tres pesetas).

Prazo de execución do contrato: 10 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

B) Obxecto do contrato: servicio de limpieza nas dependencias da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Cultura.

Orzamento de licitación: 2.329.656 pesetas (dous millóns trescentas vintenove mil seiscentas cincuenta e seis pesetas).

Prazo de execución do contrato: 10 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

C) Obxecto do contrato: servicio de limpeza nas dependencias da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Cultura.

Orzamento de licitación: 6.353.796 pesetas (seis millóns trescentas cincuenta e tres mil setecentas noventa e seis pesetas).

Prazo de execución do contrato: 10 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

D) Obxecto do contrato: servicio de limpeza nas dependencias da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Cultura.

Orzamento de licitación: 13.173.083 pesetas (trece millóns cento setenta e tres mil oitenta e tres pesetas).

Prazo de execución do contrato: 10 meses.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo: 6, categoría: a.

E) Obxecto do contrato: servicio de limpeza nas dependencias da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura.

Orzamento de licitación: 7.214.340 pesetas (sete millóns duascentas catorce mil trescentas corenta pesetas).

Prazo de execución do contrato: 10 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados no Servicio de Información da Consellería de Cultura ou en calquera das delegacións provinciais durante o prazo de presentación das proposicións.

Modelo de proposición: a proposición axustarase estrictamente ó modelo que se xunta como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado e asinado polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Consellería de Cultura ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, nun prazo de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que presentarán os licitadores: a que se establec e na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó de finalización do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura. Se coincidiese en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte, á mesma hora.

O importe dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

1376