Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira 19 Semana Verde de Galicia (Silleda).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira 19 Semana Verde de Galicia (Silleda), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: oito millóns cen mil pesetas (8.100.000 ptas.).

Prazo de execución: tres de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: cento sesenta e dúas mil pesetas (162.000 ptas.).

Fianza definitiva: trescentas vintecatro mil pesetas (324.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de claúsulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 3 de abril de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 9 de abril de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1302