Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 1996 Páx. 1.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Bóveda.

O prego de condicións e demais documentación poderá ser examinado nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Sto. Domingo, nº 6-5º de Lugo, nas horas das 10 ás 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de sete días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; a presentación poderase facer nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 15 horas do derradeiro día do prazo.

A apertura das proposicións realizarase ás 17 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo, ó oitavo día hábil seguinte (excepto sábados) ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de febreiro de 1996.

1536