Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a redacción dos proxectos:
1. IES de 8 uds. de ESO e módulos profesionais de hostelería, turismo e téxtil no paseo das Pontes da Coruña.
-Orzamento de licitación: 11.217.475 ptas. (once millóns duascentas dezasete mil catrocentas setenta e cinco pesetas).
-Clasificación requirida: grupo II, subgrupo 4, categoría B.
-Prazo de execución: 4 meses.
2. Novo IES de Muros (10 uds. ESO) da Coruña.
-Orzamento de licitación: 7.589.910 ptas. (sete millóns cincocentas oitenta e nove mil novecentas dez pesetas).
-Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 4, categoría A.
-Prazo de execución: 4 meses.
Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de cláusulas técnicas estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo, 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das nove ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de educación.
Prazo de presentación de proposicións: rematará o vixésimo sexto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 7.2 do prego das administrativas particulares.
Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no punto 7 do prego das administrativas particulares.
Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.
Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.
O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1996.
Juan J. Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
1492