Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 1996 Páx. 1.795

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 307/1995, do 13 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia e se establece a súa composición e o seu réxime de funcionamento.

Advertidos outros erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 230, do xoves, 30 de novembro de 1995, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 9.101, no artigo 1º, nas liñas segunda e terceira, onde di: «... é o máximo órgano do asesor do Goberno da Comunidade Autónoma ...», debe dicir: «... é o máximo órgano asesor do Goberno da Comunidade Autónoma ...».

-Na páxina 9.102, no punto 3 do artigo 3º e nos dous primeiros parágrafos, exprésanse os membros do consello que representarán as tres universidades de Galicia como especialistas en temas de telecomunicación e en temas de audiovisual.

Ámbolos dous parágrafos substitúense polo seguinte texto:

«Un representante por cada unha das tres universidades de Galicia, especialistas en temas de telecomunicación e audiovisual, designados polo presidente do consello asesor, a proposta de cada un dos respectivos rectores».

-Na páxina 9.103, no artigo sétimo, onde di: «O Pleno do Consello reunirase unha vez ó semestre en sesión ordinaria...», debe dicir: «O Pleno do Consello reunirase unha vez ó ano en sesión ordinaria...».

0950