Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.751

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 72/1996, do 29 de febreiro, sobre a asunción da ampliación polo Real decreto 213/1996, do 9 de febreiro, de servicios e medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro (Inserso) e a súa asignación á Consellería de Sanidade e Servicios Socias.

Na sesión plenaria celebrada o día 25 de xaneiro de 1996, da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, tomouse o acordo de amplia-los servicios e medios do Inserso traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir expresamente as ditas funcións e servicios, de acordo co marco normativo vixente, asignando esas funcións e servicios ós órganos correspondentes da Administración autonómica.

Por iso, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecientos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción de servicios e medios traspasados.

Quedan asumidos os servicios e medios, institucións, bens, dereitos e obrigas, así como o persoal e créditos orzamentarios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, relativos a servicios sociais, que no Instituto Nacional de Servicios Sociais viña desempeñando no seu territorio, baseándose no acordo adoptado na sesión plenaria celebrado o día 25 de xaneiro de 1996, da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma, cos correspodentes anexos e relación, e nos termos que no dito acordo se establecen.

Artigo 2º.-Adscrición e asignación de medios e servicios.

1. Adscríbense á Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais os servicios e medios asumidos, ós que fai referencia o artigo anterior.

2. A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais exercerá, no marco das súas competencias as funcións correspondentes ós medios e servicios traspasados, que viña desempeñando o Instituto Nacional de Servicios Sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das

competencias que corresponda á Consellería de Economía e Facenda, de acordo coas disposicións vixentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto y para adopta-las medidas necesarias para a plena efectividade e executividade práctica das funcións correspondentes ós medios e servicios traspasados.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá efectos na data prevista no real decreto de traspaso de medios e servicios.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

947