Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto das obras de reformas varias no Hospital Comarcal de Burela, Lugo.

–Obra: reformas varias no Hospital Comarcal de

Burela, Lugo.

–Orzamento da contrata: 45.603.022 ptas.

–Prazo de execución: 6 meses.

–Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo

2, categoría d.

–Fianza definitiva: 1.824.121 ptas.

–Forma de tramitación: urxente.

–Variantes do proxecto: non se admiten.

Exposición dos proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas

particulares poderán examinarse na Dirección Xeral

de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de

Investimentos) ou nas direccións provinciais do Ser-gas

nas respectivas provincias, en días hábiles de

9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita–la solvencia eco-nómica,

financeira e técnica, en calquera das formas

previstas na Lei de contratos das administracións

públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas,

ou nas direccións provinciais correspondentes, antes

das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir

da publicación do concurso no Diario Oficial de Gali-cia

ou por correo na forma indicada no artigo 100

do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

–No sobre de documentación económica: a esta-blecida

na cláusula 8.2 do prego de cláusulas

administrativas.

–No sobre da documentación persoal: a documen-tación

sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas

administrativas polas que rexe a adxudicación do

contrato.

–No sobre da documentación de referencias téc-nicas:

a establecida na cláusula 8.4 do prego de

cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas

administrativas particulares que rexe o presente

concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas

dependencias da Dirección Xeral de Recursos Eco-nómicos,

a partir das 10 horas do décimo primeiro

día natural seguinte ó peche do prazo de admisión

de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado

ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar

ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán

por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

P.D. (Decreto 199, 16–6–1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1421