Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto das obras de reforma da cuberta no Hospital de Calde, Lugo.

–Obra: reforma da cuberta no Hospital de Calde,

Lugo.

–Orzamento da contrata: 24.268.969 ptas.

–Prazo de execución: 3 meses.

–Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo

2, categoría d.

–Fianza definitiva: 970.759 ptas.

–Forma de tramitación: urxente.

–Variantes do proxecto: non se admiten.

Exposición dos proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas

particulares poderán examinarse na Dirección Xeral

de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de

Investimentos) ou nas direccións provinciais do Ser-gas

nas respectivas provincias, en días hábiles de

9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita–la solvencia eco-nómica,

financeira e técnica, en calquera das formas

previstas na Lei de contratos das administracións

públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas,

ou nas direccións provinciais correspondentes, antes

das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir

da publicación do concurso no Diario Oficial de Gali-cia

ou por correo na forma indicada no artigo 100

do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

–No sobre de documentación económica: a esta-blecida

na cláusula 8.2 do prego de cláusulas

administrativas.

–No sobre da documentación persoal: a documen-tación

sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas

administrativas polas que rexe a adxudicación do

contrato.

–No sobre da documentación de referencias téc-nicas:

a establecida na cláusula 8.4 do prego de

cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas

administrativas particulares que rexe o presente

concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas

dependencias da Dirección Xeral de Recursos Eco-nómicos,

a partir das 10 horas do décimo primeiro

día natural seguinte ó peche do prazo de admisión

de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado

ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar

ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán

por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

P.D. (Decreto 199, 16–6–1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1422