Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, trámite de urxencia, mediante concurso, do Servicio de Seguridade e Vixilancia do Hospital Comarcal Valdeorras. (C.P. 1/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras-O Barco de Valdeorras (Ourense), e unha vez cumpridos os trámites administrativos necesarios resolve anuncia-la contratación do servicio que se cita a continuación:

Obxecto: contratación do Servicio de Seguridad e Vixilancia do hospital.

Orzamento: 16.500.000 ptas. anuais.

Fianza provisional: 330.000 ptas.

Fianza definitiva: 660.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prazo de execución: a duración do contrato será ata o día 31 de decembro de 1996. Antes de remata-lo contrato poderase prorrogar mediante acordo expreso das partes.

Admisión de variantes: admitiranse variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1.-Resposta inmediata a peticións de servicios extraordinarios de carácter urxente: ata 4 puntos.

2.-Dispoñibilidade de centro permanente de servicio de 24 horas o día, co fin de dar cobertura ó persoal de seguridade que presta o servicio: ata 3 puntos.

3.-Medios técnicos achegados que melloren a seguridade do hospital: ata 2 puntos.

4.-O prezo: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estará de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no servicio de subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, Avda. Conde Fenosa, 50, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Presentación de proposocións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou envialas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envién por correo, o licitador deberá justifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación da remisión de oferta mediante fax (988) 33 90 37 e por telegrama no mismo día.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, Avda. Conde Fenosa, 50, O Barco de Valdeorras (Ourense) a partir das 11 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura des proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláususlas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario de contrato.

Ourense, 8 de xaneiro de 1996.

Enrique I. Pérez Rivera

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

1353