Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza en varios centros para servicios sociais dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 7 de maio de 1994, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumprídos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de limpeza que se indican:

-Residencia da terceira idade do Meixoeiro (Vigo):

Orzamento do contrato: 14.200.000 ptas. (catorce millóns duascentas mil pesetas).

Garantía provisional: 284.000 ptas. (duascentas oitenta e catro mil pesetas).

Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría: A.

-Centro social de Coia (Vigo):

Orzamento do contrato: 2.621.652 ptas. (dous millóns seiscentas vinteúnha mil seiscentas cincuenta e dúas pesetas).

Garantía provisional: 52.433 ptas. (cincuenta e duas mil catrocentas trinta e tres pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Centro social de Bouzas (Vigo):

Orzamento do contrato: 2.050.000 ptas. (dous millóns cincuenta mil pesetas).

Garantía provisional: 41.000 ptas. (corenta e unha mil pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Centro social de Ponteareas:

Orzamento do contrato: 1.704.100 ptas. (un millón setecentas catro mil cen pesetas).

Garantía provisional: 34.082 ptas. (trinta e catro mil oitenta e dúas pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Fogar da terceira idade de Pontevedra:

Orzamento do contrato: 4.017.581 ptas. (catro millóns dezasete mil cincocentas oitenta e unha pesetas).

Garantía provisional: 80.352 ptas. (oitenta mil trescentas cincuenta e dúas pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Centro base de minusválidos de Pontevedra:

Orzamento do contrato: 3.850.900 ptas. (tres millóns oitocentas cincuenta mil novecentas pesetas).

Garantía provisional: 77.018 ptas. (setenta e sete mil dezaoito pesetas).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: desde o 1 de abril ó 31 de decembro de 1996.

Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares. Presentarase independentemente para cada un dos servicios.

Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo rúa Cánovas del Castillo s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, dende as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no servicio de administración e xestión económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, rúa Cánovas del Castillo s/n, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 15 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra

1398