Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/3-2, libro rexistro 4468 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edificio Celta.

Situación: Burela.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductores D.H.V. 15/25 de 1x95 mm Al, con entroncamento no C.T. edificio Europa e C.T. edificio Castelao, cunha lonxitude de 30 metros. Centro de trasnformación de 630 kVA 20.000/380-220 V ±5% V, para subministración de enerxía eléctrica ó edificio Celta, en Burela.

Orzamento: 4.600.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1030