Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/196-2, libro rexistro 4447 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: paso Aér. Subt. e L.M.t. Subt. para alimentar a C.T. xardín, en Ribadeo.

Descricións técnicas: entroncamento de media tensión realizado en apoio metálico existente. L.M.T. subterránea de 20 kV, cunha lonxitude de 200

metros, en conductor D.H.V. 15/25 kV, de 1x95 mm Al, desde apoio metálico a C.T. xardín, en Ribadeo.

Orzamento: 3.555.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-1075