Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Sestelo y Cía S.A. con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar a Sestelo y Cía S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 1.967 m de lonxitude, con conductores tipo LA-30, sobre apoios de for
migón, desde un apoio a carón do C.T. existente de Cortellas-Padróns enlazando coa L.M.T. Mondarís-Lordelo, ata o C.T. que se proxecta en Paredes, concello de Ponteareas.
C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 2.835 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Pontevedra, 2 de febreiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
566